A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire libre, cuberta, en ruta, en campo a través e en trail running

Presentación da XLI Copa Deputación de Ourense de Atletismo. Asisnte César Fernández Gil (Vicepresidente da Deputación Ourense), Lalo Gómez (Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo), Germán González Sánchez (Presidenta da Escola Atlética Ben-Cho-Shey), Miguel Ángel Diáz Barba (Presidente da Asociación Deportiva Limia Activa) e José Antonio Álvarez Pérez (Presidenta do Clube Ourense Atletismo).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima, ADAS de O Barco e Club Deportivo Aurum

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A de atletismo é a Copa Deputación máis antiga, trala de fútbol e de baloncesto

Ourense, 29 de abril de 2024.

A 41ª Copa Deputación de Atletismo foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, así como do director da Escola Ben Cho Shey, Germán González; o presidente do Club Limia Activa, Miguel Díaz; o presidente do Ourense Atletismo, José Antonio Álvarez; e do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Lalo Gómez.

Como gran novidade, este ano a Copa Deputación (que é a máis antiga da provincia, trala de fútbol e a de baloncesto) terá competición en pista ao aire libre, en ruta, en campo a través, en pista cuberta e en trail running para albergar todo o espectro do atletismo, tendo en conta que se trata dunha disciplina deportiva con cada vez máis afección.

Tamén se presentaron as series provinciais, que se ampliarán dada a alta demanda de competicións por parte dos afeccionados e federados neste deporte.