O pasado día 30 de abril rematou o curso de Alfabetización Dixital que contou coa colaboración de o Concello de O Carballiño e se impartíu no Auditorio Municipal.
Esta acción formativa foi organizado por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes a través de COCEMFE e dentro das Actuacións dirixidas á atención de persoas con discapacidade adultas con NEE 2023-24. Finalizaron a formación 7 persoas alumnas todas elas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral procedentes dos concellos de O Carballiño, Ribadavia, O Irixo, Cenlle, Maside. Con 60 horas lectivas, abordáronse módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo para a mellora das competencias dixitais, dende o 10/04/2024 ata o 30/04/2024.
Ao acto de clausura do curso, acudiron Diego Fernández, concelleiro de Benestar Social e Cultura no Concello de O Carballiño, Paco Abuín, coordinador da área de Formación de COGAMI e David Rivada, docente do curso.