O Centro Integral de Servizos Sociais Alvetus, do concello de Avión, celebrou hoxe un día especial. A súa residente María Durán cumpre 101 anos e quixeron facer unha festa á altura desta celebración.
A homenaxeada estivo arroupada polos seus familiares e compañeiros, e tamén polo persoal do centro. Xuntos cantáronlle cancións e dedicáronlle sentidas palabras.

Entre os agasallos, recibiu flores, e tamén por parte do alcalde do municipio, Antonio Montero, que non se quixo perder este día e que sempre acude a estas celebracións.
