O pavillón Paco Chao acolle mañá o Campionato Galego de Hapkido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá sábado, o pavillón Paco Chao do Carballiño volve a converterse no epicentro do mundo do deporte acollendo o Campionato Galego de Hapkido.

A concelleira de deportes, Silvia Baranda, destacou este concello como un epicentro das artes marciais dende anos atrás e será un orgullo acoller esta competición.

COMERCIAL ORCELLÓN

O campionato é de modalidade técnica en formato exhibición. En total, serán 150 participantes de toda Galicia procedente de sete escolas, profesionais nesta disciplina. Dende a súa organización buscan poñer aínda máis o foco no Carballiño nesta disciplina e están satisfeitos de que poida celebrarse neste municipio.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------