O campionato Xunta de Galicia de Slalom comeza este sábado en Guitiriz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A localidade lucense de Guitiriz acolle este sábado 4 de maio a primeira proba
puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom, nunha competición con máis
de 30 equipos na liña de saida.


A proba, cun percorrido marcado polo centro da localidade lucense, terá puntos de
grande complexidade, o que porá a proba a pericia de todos e cada uno dos favoritos a
victoria dentro das diferentes categorías.
Na lista de inscritos, varios dos grandes favoritos en cada una das proba puntuables na
pasda tempada, o que garante unha loita a décima de segundo por subirse ao máis alto
do podio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A proba dará comezo ás 11:15 horas coa primeira das mangas de adestramentos. A
continuación os equipos realizarán a segunda pasada polo treito, para iniciar as dúas
mangas oficiais a partires das 16:30 horas.


A entrega de premios está marcada para as 21:30 horas no Campo da Feira de Guitiriz.