La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro cabeceira para calquera ourensán”, afirmou Luis Menor na presentación da obra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento Isabel La Católica, Jaime Muñoz, e ao autor do libro, Fernando Ramos

“Este libro é unha memoria viva, abundantemente ilustrada, das relacións que durante máis de 40 anos mantivo o Rexemento de Infantería Zamora 8, coa cidade de Ourense”, dixo Luis Menor

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Forma parte do Plan Anual de Publicacións da Deputación de 2022 e foi seleccionado polo Consello Asesor do concurso, encargado de valorar as obras que serán publicadas en cada anualidade segundo a súa calidade e interese para a provincia

Ourense, 8 de maio de 2024.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel na presentación do libro editado pola Deputación de Ourense: La huella en Ourense del Zamora 8. El histórico regimiento de Infantería y su impronta en Galicia, do xornalista Fernando Ramos.

Na presentación da obra tamén participou o propio autor; o subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; e o suboficial maior do Rexemento Isabel La Católica, presente do Zamora 8, Jaime Muñoz.

A presentación deste libro enmárcase dentro das actividades organizadas pola Deputación de Ourense en colaboración coa Subdelegación do Ministerio de Defensa para conmemorar o 80 aniversario da chegada a Ourense do Rexemento Zamora 8.

Esta libro, “cabeira para calquera ourensá”, dixo Luis Menor, permitirá aos lectores revivir aqueles tempos nos que a presenza do Zamora 8 era unha constante na vida cotiá da cidade. Desde o ano 1943, ata a posterior disolución deste Rexemento en 1987, Ourense foi a cidade que acolleu a súa presenza. Unha relación que se foi cultivando ao longo dos 43 anos da presenza do Rexemento na cidade e que culminou coa entrega da Medalla de Ouro da cidade ao Zamora 8 pouco antes da súa disolución.

O libro La huella en Ourense del Zamora 8

La huella en Ourense del Zamora 8 foi editado no marco do plan anual de Publicacións da Deputación de 2022 a través do concurso no que o Consello Asesor selecciona as obras que serán publicadas en cada anualidade segundo a súa calidade e interese para a provincia de Ourense.

“Este libro é unha memoria viva, abundantemente ilustrada, das relacións que durante máis de 40 anos mantivo o Rexemento de Infantería Zamora 8, coa cidade de Ourense”, dixo Luis Menor. Na obra, Fernando Ramos fai un recorrido histórico sobre o vello Tercio de Bobadilla e recupera en forma de álbum un valioso material gráfico extraído dos propios arquivos desta unidade antes de que desaparecera.

“Esta publicación é ao mesmo tempo unha crónica histórica e sentimental que evoca tempos pasados que deben ser lembrados. Pois foron miles de ourensáns e galegos os protagonistas das súas páxinas”, engadiu o presidente provincial.