Víctor Senra e José Murado, aos mandos do Citroën C3 WRC foron os vencedores do Rallye Mariña Lucense, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Senra e Murado non deron opción durante toda a xornada a calquera dos seus rivais, ao finalizar a carreira lucense cunha vantaxe de 1:20 minutos sobre Alberto Meira e Avelino Martínez, que acadaron a segunda posición final logo dunha fermosa loota con Daniel Berdomás e Brais Mirón, que despois de ser segundos durante boa parte do día caeron na clasificación por diversos problemas.
Completaron o podio da proba Jorge Pérez e Miriam Vera, nunha boa proba en xeral para o equipo do Hyundai.
Alberto Otero e Jordán Vázquez e Dani Berdomás e Brais Mirón foron cuartos e quintos clasificados, respectivamente.
Dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia B, primeiro posto para os líderes deste formato, Antonio Fernández e Alberto González, seguidos de Manuel Souto e Laila Porta no seu debut co Citroën Ds3 R3T e de Pedro Reija e Adrián Álvarez.
Óscar Gallego e Uxía Rodríguez lograron o triunfo na Pirelli AMF por diante de Javier Eiras e Álvaro García e Fran Cebey e Óscar Ferrín.
Dentro do Volante FGA, primeiro posto para os líderes do campionato, Marco Lorenzo e Diego Gil (1° PXP25), seguidos de Adrián Torreiro e Pedro Rivas (2° PXP25) e Roberto Suárez e Cristian García. Terceiro na PXP foi Lorenzo Rivera e Alberto Muiños.
Xa para rematar, dentro do Criterium Galicia Recalvi, segunda victoria para Yeray González e Xoel Álvarez, que ademáis foron os mellored da Beca24. O segundo posto foi para Eliott Gómez e Moncho Seoane e terceiro Daniel Romero e Juan Maceda.
A próxima proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes levará a os deportistas ata o Rallye de Pontevedra os días 31 de mayo e 1 de xuño.