A unidade móbil do servizo de doazón de sangue estará este vindeiro xoves no concello do Carballiño. Neste caso, en xornada completa, dende as 10:00 horas ata as 14:00 horas e dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas, na Pista Vermella, coma sempre.
Lembramos a importancia de colaborar coa doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.
Recordamos que pode acudir calquera persoa, con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non teña unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pese máis de 50 quilos e non estea tomando medicamentos.