Esta vindeira fin de semana o Cine Club ofrece dobre ración de cine no Auditorio Manuel María do Carballiño. O venres 17 teremos as sesión habituais de 20:00 e 22:30 horas coa proxección do filme español recentemente estreado “Los pequeños amores”, de Celia Rico Clavelino. Na súa segunda longametraxe, a directora acerta ao contar una historia de relacións nai-filla excelentemente dirixida, construíndo una película íntima e sutil, capaz de converter una historia aparentemente corrente e ordinaria nun suceso extraordinario ante os nosos ollo.
E o domingo día 19 ás 19:00 horas ofrecen a proxección do filme portugués “Alma viva”, da directora Cristele Alves Meira. Na súa primeira longametraxe conseguiu un rotundo éxito de público e crítica no país veciño, sendo a escollida para representar ao seu país nos premios Óscar deste ano. Unha historia ambientada no mundo rural, que nos descubre á rapaza Lúa Michel como una actriz cunha forza sorprendente para a súa idade. Neste caso, o custo da entrada é de 2 euros, xa que é una sesión de Filmoteca.