A xuntanza de clásicos do Irixo recibe inscricións ata o 5 de xuño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A segunda edición da xuntanza de coches clásicos do Irixo celebrarase o sábado 8 de xuño. Dende a organización anuncia que o prazo de inscrición rematará o día 5 de xuño ás 20:00 horas. A participación inclúe un almorzo, dúas rutas, sesión vermú, xantar, recordatorio e pegatina identificativa do vehículo.

A primeira edición deste evento foi todo un éxito. Máis dun centenar de vehículos déronse cita, e chegando a máis de 180 persoas participantes. A súa organización xurdiu o pasado ano dun grupo de amigos que desfrutan dos rallyes e concentracións e quixeron traer tamén esta tradición a este municipio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Será unha xornada completa de desfrute para os amantes do mundo do motor clásico, onde ademais haberá agasallos para os participantes.