O concello do Carballiño presentou esta mañá o proxecto dun complexo deportivo na Uceira. Con esta iniciativa preténdese crear un espazo que cumpra coas demandas históricas no eido deportivo desta vila e adaptarse a realidade de ter un equipo en Primeira Federación.
O estadio tería capacidade para 6.000 persoas e construiríase por fases segundo a dispoñibilidade económica. Comezando así por unha grada con aforo para 2.000 persoas. Manteríaase o campo actual, cun novo estadio e un campo de fútbol 8.