O municipio de Boborás, ou máis concretamente, a localidade de Xuvencos, acolleu onte a segunda cita da ‘Festa das Mudaciós’, na que a imaxe da súa patrona, Santa María, retorna á súa igrexa parroquial, mentres a Santa Isabel tamén vota o ocupar a súa ubicación orixinal na capela de Boborás. Ademais, veciños e visitantes tiveron a oportunidade de voltar a desfrutar, tras oito anos, da ancestral Danza de Xuvencos, que protagonizan tradicionalmente oito mozos solteiros da parroquia, e cuxa orixe remóntase ao século XVIII. Nesta ocasión, a recuperación deste baile foi posible grazas a laboura desenrolada por un total de 10 rapaces e rapazas de Xuvencos, que comezaron os ensaios no pasado mes de febrero baixo a dirección coerográfica de Tatiana Rodríguez Fírvida.
O Concello de Boborás promovera hai uns 30 anos a recuperación desta danza, tra-las investigacións levadas a cabo por Xosé Luis Sobrado, historiador do Centro de Estudios Chamoso Lamas e nativo de Xuvencos, que no seu libro “Xuvencos, historia e tradición” lembra a similitude deste baile coas danzas gremiais de orixe pagano.
A Festa das Mudaciós iniciouse o primeiro domingo de Maio co traslado da Santa María de Xuvencos ata a capela de Boborás e da Santa Isabel dende ésta ata a igrexa parroquial, e na xornada de onte protegonizaron a procesión de intercambio na que os xóvenes danzantes escenificaron os diferentes tipos de estilos, baixo os acordes dun grupo de gaitas.