O colectivo de pescadores do río Viñao organiza un campionato e promove o relevo xeracional

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Sociedade de pesca Río Viñao ten programado para os vindeiros domingos 26 de Maio e 2 de Xuño o seu 31º campionato fluvial, aberto aos socios e rematará cun xantar de confraternidade ma paraxe natural de San Bertolameu da Freixa, e no que se fará entrega dos trofeos e agasallos aos participantes. O colectivo, que xestiona un couto de 9 quilómetros nos municipios do Irixo e Boborás, ten un amplo historial á hora da promoción do deporte fluvial entre os máis cativos, organizando saídas ao río para os escolares, a fin de favorecer o relevo xeracional nunha contorna natural. Así, teñen prevista unha xornada de achegamento á pesca o vindeiro 17 de Setembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do colectivo de pescadores, Herminio Fernández, comentounos detalles da organización do campionato, as características do coto e as actividades de promoción que levan a cabo: