Os estudantes do Carballiño percorrerán dende este xoves o roteiro de Manuel María

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os estudantes dos centros de ensino do Carballiño serán os protagonistas dunha das actividades programadas neste mes de maio pola Agrupación  Cultural Avantar na conmemoración do 50º aniversario da fundación desta entidade. Concretamente, trátase do xa tradicional Roteiro de Manuel María, un itinerario polas rúas, prazas e paraxes da vila do Arenteiro que o poeta nado na Terra Chá plasmou na súa obra “Cantigueiro de Orcellón”. Deste xeito, os alumnos de primaria dos colexios e institutos da vila están citados ás 11,00 de mañá, xoves, na contorna do templo da Veracruz, de onde partirán cun guía da asociación para percorrer a ruta poética. Xa o venres, será a quenda dos estudantes de secundaria, que  levarán a cabo o roteiro desde o mesmo punto de orixe.

Darío Anxo Rodríguez, voceiro da organización, falounos deste roteiro e da Foliada, actividade prevista para o vindeiro sábado:

DARÍO 02:19-04:37