O C.D. Arenteiro trae un ano máis o seu campus de verán, pensando nos máis pequenos, entre os 3 e os 14 anos. Para o presidente, este tipo de iniciativas son importantes de cara a reforzar a base, xa que delas surxen mozos que non xogaran ao fútbol con anterioridade.
As prazas xa están esgotadas en apenas catro días. Aínda así, ábrese unha lista de espera por se houbese algunha baixa. As xornadas serán do 1 ao 5 de xullo, dende as 10:00 horas ata as 14:00 horas no campo de fútbol da Uceira. Terán tamén un día de praia e recibirán equipación e balón.