O goberno de Ribadavia aproba no pleno unha modificación de crédito de 171.970,11 € para pagar facturas sen recoñecer do ano 2022.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

●         Esta modificación de crédito permitirá pagar todas as débedas pendentes con proveedores do ano 2022, que ascendían a mais de 320.000 € e das cales unha parte xa se foi pagando ao longo do exercizo 2023.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia, 29 de maio de 2024.- O goberno de Ribadavia ven de aprobar no Pleno deste mes de maio unha modificación de crédito por importe de 171.970,11 € para pagar facturas sen recoñecer do ano 2022. Con esta modificación de crédito o goberno de Ribadavia poderá pagar todas as facturas sen recoñecer do exercizo 2022, que ascendían a máis de 320.000 € e das cales unha parte xa se foi pagando ao longo do exercizo 2023.

Grazas a esta modificación de crédito, o goberno municipal de Ribadavia poderá liquidar as débedas con proveedores do ano 2022, unha débeda que no inicio deste mandato estaba por encima dos 320.000 € e que estaba a causar moitos inconvintes aos proveedores con facturas pendentes de cobro e, ademais, provocaba que o período medio de pago a proveedores do Concello de Ribadavia se atopase totalmente disparado, por encima dos 290 días.

A enorme débeda con proveedores contraída polo concello no ano 2022 estaba lastrando de xeito moi importante a economía municipal, por iso faise necesario aprobar esta modificación de crédito agora que é posible grazas ao remanente de tesourería existente unha vez liquidado o exercizo 2023.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que, “grazas a esta modificación de crédito poderemos saldar unha importante débeda con proveedores do ano 2022 e, ao mesmo tempo, será unha medida que nos permitirá ir corrixindo o período medio de pago a proveedores que, por culpa desta dñebeda do ano 2022, a día de hoxe está por encima dos 290 días.”

César Fernández afirmou que “un dos obxectivos principais deste goberno é o de sanear a situación  económica do concello que, por desgraza, atopábase bastante deteriorada no momento no que chegamos ao goberno. Para iso, temos marcada unha folla de ruta segundo a cal conseguiremos que, no exercizo 2025, o Concello de Ribadavia non terá débeda con proveedores, e o período medio de pago a proveedores estará por debaixo dos 30 días. Somos conscientes de que a xestión económica seria e austera non é a mellor publicidade política, pero creemos que unha boa xestión e sanear a economía municipal é a chave para ter uns alicerces sólidos sobre os que desenvolver un proxecto político, por iso neste inicio de mandato queremos facer un importante esforzo por normalizar a situación económica de Ribadavia. Estamos seguros de que co peche dos vindeiros exercizos, o remanente de tesourería poderá destinarse a investimento e xa non teremos que destinalo, como nesta ocasión, ao pago de debédas a proveedores, podendo deste xeito afrontar investimentos moi necesarios para o noso concello.”