A Asociación Festa do Viño Tinto de Cenlle organizou esta fin de semana a 13ª edición da Festa do Viño Tinto de Cenlle e a 12ª edición da Ruta das Adegas. O pregón foi a cargo de Manuel García Montero. O domingo, a partir das 11:00 horas abriuse un novo percorrido polas adegas coa música da banda de música Castro Bello, ao que seguiu a inauguración da exposición de maquinaria agrícola e a concentración de tractores históricos. A partir das 14.30 horas tivo lugar unha comida popular.
Este ano abriron as súas portas seis adegas. A afluencia foi moi similar a outros anos, contando cun gran número de asistentes. Algunhas das bodegas xa son tradicionais neste evento, e algunha abriu por primeira vez este ano. Todos destacan a boa acollida e bo ambiente entre a xente.