O Concello de Punxín renovou nos últimos meses as súas instalacións termais do Bañiño facendo esta fin de semana a apertura da tempada primavera-verán. A zona termal ao aire libre, situada na beira do Barbantiño, precisaba dunha importante intervención para ofrecer aos usuarios un servizo máis completo con maior seguridade.
Entre as melloras, fixeron unha dotación de vestiarios e acondicionamento da área recreativa que rodea as dúas piscinas co fin de superar a inclinación do terreo.
A zona termal do Bañiño de Punxín, conta con augas a 27 graos de temperatura.
Todos quixeron convidar a que a xente se anime a desfrutar deste espazo termal e recreativo, que abre as súas portas á comarca e a todos os visitantes que se queran achegar, cunha gran variedade de servizos.