Expourense acolle esta fin de semana o Campionato de España de Halterofilia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O recinto feiral de Expourense presentou esta mañá un novo evento deportivo que terá lugar esta fin de semana. Trátase do Campionato de España Absoluto de Halterofilia, que se celebrará o sábado e o domingo, con máis de 200 atletas acompañados de técnicos e familiares.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A competición será na xornada do sábado e a mañá do domingo. Dende a Federación traballan arreo para lograr sacar adiante este tipo de eventos, que neste caso converterase nun dos máis multitudinario ata o momento.

Tanto Deputación como concello e Xunta de Galicia apoian este evento que porá a Ourense no foco do mundo deportivo como lugar ideal para a celebración de congresos, ben comunicado e con oportunidades.