Publicado no BOP
CONTRATACIÓN E BASES DE PERSOAL PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA A FORMACIÓN DUNHA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS
A Alcaldía, mediante a Resolución do 29/05/2024, aprobou as bases ás que se axustará o concurso–oposición para seleccionar e contratar cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas) por un período de tres meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no Rexistro Electrónico do Concello (www.maside.sedelectronica.gal) ou, no seu caso, no rexistro Xeral deste concello, en horario de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no Concello e na sede electrónica deste concello (www.maside.sedelectronica.gal).
Maside, na data da sinatura electrónica. O alcalde