O concello de Piñor pon en marcha un programa de conciliación de verán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor pon en marcha o PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS DO VERÁN 2024: PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”. Como cada ano, dende o Concello de Piñor pretendemos contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas   lúdico‐educativas ós cativos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar e á vez aprender.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estas actividades están integradas dentro do proxecto de Plans Corresponsables denominado PIÑOR CONCILIA, que persegue ofrecer servizos de conciliación ás familias durante os períodos de vacacións escolares.

PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN” consiste en actividades dende o 1 de xullo ó 6 de setembro, de luns a venres de 9:00h a 14:00h, onde os cativos de entre 3 a 12 anos poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados. O lugar onde se desenvolverá esta iniciativa será o Centro Social de Albarona.

Co  obxectivo de facilitar unha organización axeitada das devanditas actividades, abrimos o prazo de inscrición dende o 27 de maio ó 10 de xuño ata as 14h. En Servizos Sociais ofreceranlle máis información e adocumentación para formalizar a inscrición no programa, que é totalmente gratuita.Tamén poderá descargar a solicitude e resto de documentos dende a Sede Electrónica do Concello de Piñor, e presentala por este mesmo medio, onde tamén pode consultar as Bases de adxudicación de prazas de admisión na actividade “PIÑOR CONCILIA DIVERVERÁN 2024”.