A Ruta das Tapas en edición de verán chega ao Carballiño. Coma nas últimas edicións desta tempada, participan cinco establecementos hostaleiros, que preparan os seus mellores pratos este venres, o día 14 e o día 21 de xuño. Nesta ocasión será un local menos o que participe, por forza maior de enfermidade. O premios serán unha visita con maridaxe en Pazo Tizón e en Estrela Galicia, para o gañador e nove amigos máis. Povarelo porá a disposición unha estancia en hotel.
Dende Pazo Tizón e Estrella Galicia, un ano máis amosaron todo o apoio como patrocinadores deste evento. Animan a todos a desfrutar desta ruta ofrecendo magníficos premios.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------