A Omix de Ribadavia recibe a tres persoas do seu equipo que participaron nun programa dentro do proxecto Erasmus+. Estiveron durante unha semana en Ferreira do Alentexo, en Portugal, nun curso sobre ferramentas relacionadas coa saúde mental e como traballar esa problemática coa mocidade. Estes programas de formación internacional son unha moi boa oportunidade para aprender técnicas e convivencia noutros países que tamén participan.
A Omix é unha ferramenta destinada á xente moza, onde están ao día de programas para eles, tanto municipais, autonómicos como actividades a nivel europeo. Ademais, entre as súas tarefas, tamén organizan actividades dinamizadoras culturais e artísticas neste municipio.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------