O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu en San Caetano á alcalde de Boborás, Patricia Torres, reunión na que abordaron diferentes temas de interese relativos á protección do patrimonio deste municipio ourensán.
E así, que a alcaldesa, que ademáis é Presidenta da Fundación Antón Losada Diéguez, manifestoulle o seu agradecemento por aceptar a invitación para estar na entrega da XXXIX edición do premio que se celebrará o vindeiro 15 de xuño, na casa natal do escritor, guieiro da Xeración Nós. Aproveitou para explicarlle a necesidade de intervir no cambio de cuberta tanto da vivienda como da capela, que está moi deteriorado e presenta filtracións, ambas edificacións incluídas no catálogo de patrimonio do pxom municipal, que se conservan tal como cando vivía nel Losada e a súa familia, e solicitando o apoio da conselleira neste sentido. Ademáis, tamén falaron da dixitalización e protección da biblioteca privada de Losada Diéguez.
No referente ó municipio de Boborás, a alcaldesa pediulle á López Campos o apoio para unha nova campaña de excavación do Castro de Cameixa, que xa leva varias tempadas de traballo, con grandes avances, e achadegos de moitos elementos de intereses así como materiais. Ademais tamén, lle indicou que dende o goberno local queren iniciar os traballos de catas no Castro de Xurenzás, co que conta coa autorización dos comuneiros do lugar. Sería importantísimo para precisar que hai detrás dos restos alí asentandos que mesmo se poden ver en visión aérea, identificando perfectamente murallas e fosos.
Por último, a rexedora boborense tamén lle solicitou axuda para o cambio de cuberta na Igrexa de orixe románica de San Pedro de Xurenzás, que conserva un dos 5 baldaquinos que se permanecen en toda Europa e pinturas medievais, e que as filtracións do teito están pondo en perigo a súa conservación. Ao igual, explicoulle a necesidade de intervención no retablo maior da Igrexa, tamén románica, de Xuvencos, de orixe barroco e gran valor e que está afectado por termitas.