Onte tivo lugar no concello de Barbadás o acto de entrega dos Premios do XXVIII Certame Literario de Piñor dentro da Xornada de Exaltación das Letras e a Música de Galicia que se celebrou na Casa da Cultura Manuel María.
Este evento cultural está organizado pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Barbadás.
O Grupo infantil de música tradicional “Cantagalos“, as cantareiras “Zoadeira“, o grupo de cantos de taberna “Cuncas do Son” e a “Banda de Música e Cultura de Galicia” actuaron nesta xornada.
Representantes do concello de Barbadás e da Asociación Música e Cultura de Galicia entregaron os galardóns do XXVII Certame Literario de Piñor que contou cunha ampla participación (120 traballos) de escritores de toda Galicia.
–Na categoría A (maiores de idade):1.- Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo. Premio entregado por Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
2.- Sandra Fernández Prado, de Poio (Pontevedra). Premio entregado por José Manuel Dopazo, secretario da Asociación
–Na categoría B (de 13 a 17 anos):1.- Hugo Martínez Bizarro, de Ourense. Premio entregado por Victoria Mourenza, tenente de alcalde de Barbadás
2.- Iker Pérez Álvarez, da Pobra de Trives. Premio entregado por Iria Calviño, tesoureira da Asociación
–Na categoría C (alumnado de Educación Primaria):1.- Lois González Fernández, de Barbadás. Premio entregado por Ana Peleteiro, concelleira de Cultura de Barbadás
2.- Álex González González, de San Cibrao das Viñas. Premio entregado por Iván Carballo, directivo da Asociación