En Boborás: Convocatoria para a contratación de persoal para as brigadas contra incendios forestais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Alcaldía, mediante a Resolución do día 5 de xuño de 2024, aprobou as bases polas que se rexerá o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas) por un período de tres meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de 8.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP,
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do Concello (boboras.sedelectronica.es) así como na páxina web (www.boboras.gal).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO