Comezan os cambios no seo no C.D. Arenteiro e ademais ao grande. O ata o de agora e durante tempada e media adestrador Javi Rey tomou a decisión na noite deste mércores de non continuar no club na aventura da Primeira Federación. Os tempos de decisión apremian e o motivo que deu o míster é esperar a ter outras opcións que lle poidan facer mellorar no aspecto persoal e no deportivo.
Dende o club agradecérolle o seu traballo, esforzo e dedicación e deséxanlle a mellor das sortes. Agora toda a tarefa do director deportivo, Alex Vázquez, de buscar un substituto.