CONVOCATORIA Y BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA AS BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Por Resolución da Alcaldía, do 5 de xuño de 2024, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores/as para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.
Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefes/as de brigada, 2 condutores/as e 6 peóns/peoas).
Modalidade de contratación: a establecida na DA 5.ª da Lei 32/2021, da reforma laboral, para a execución de programas de carácter temporal con financiamento procedente de fondos da Unión Europea.
Duración do contrato: 3 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no Rexistro Electrónico do Concello (oirixo.sedelectronica.es) ou, no seu caso, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/
O Irixo, 6 de xuño do 2024. A alcaldesa.
Asdo.: Susana María Iglesias Nogueira.
Inicio 0 Concello Irixo No Irixo: Convocatoria para a contratación de persoal para as brigadas contra...