Esta mañá presentouse o Depor Campus Cabreiroá, en colaboración ca Escola Deportiva Terras de Maside. A actividade terá lugar entre os días 24 e 28 de xuño, durante toda unha semana. Este campus repite en Maside tralo éxito das edicións pasadas, esperando chegar a máis de 60 mozos este ano. O prazo de inscrición aínda está aberto.
O coordinador do Depor Campus, amosou o seu agradecemento pola acollida deste evento deportivo, que repite ano tras ano en Maside.
Ademais, aproveitaron a presentación para anunciar que xa está aberto o prazo de inscrición para a Escola Deportiva Terras de Maside, que actualmente conta con preto de 100 rapaces.