Este pasado sábado tivo lugar o acto de entrega dos galardóns Antón Losada Diéguez na XXXIX edición. Os premios recaeron no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, e na novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade.
O conselleiro de Cultura, Xosé López Campos puxo en valor o prestixio destas distincións que convocan cada ano os concellos de Boborás e O Carballiño e que destacou que se converteron “nunha das citas máis emblemáticas do panorama literario galego”.
Para os concellos do Carballiño e de Boborás é un orgullo que estes premios medren ano tras ano. Destacan o potencial das obras deste ano, recomendando a súa lectura. A participación é importante, cada ano máis, e o seu prestixio fai que o seu legado perviva. O vindeiro ano toca a súa organización dende O Carballiño.