Aprobado o proxecto de obras de mellora enerxética na iluminación pública en Beariz, Muradas e A Bouza por un valor de : 97.796,68 €

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Publicado no BOP:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

CONCELLO DE BEARIZ: EXPOSICIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN DO PROXECTO OBRAS DE MELLORA ENERXÉTICA NA ILUMINACIÓN PÚBLICA EN BEARIZ, MURADAS E A BOUZA
Por acordo do Pleno do Concello de Beariz, do 3 de maio de 2023, e por acordo da Xunta de Goberno Local, do 7 de marzo de 2024, aprobáronse os seguintes proxectos:

  • Nome: obras de mellora enerxética na iluminación pública en Beariz, Muradas e A Bouza
  • Orzamento de execución por contrata: 97.796,68.
  • Autor/a do proxecto: Xosé Anxo Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico.
  • Nome: construción de velorio en Beariz.
  • Orzamento de execución por contrata: 278.052,99 euros.
  • Autor do proxecto: Xosé Anxo Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico.
    Estes proxectos expóñense ao público na Secretaría do Concello durante o prazo de 20 días
    hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, para que os/as
    posibles interesados/as ou afectados/as polas devanditas obras poidan presentar as alegacións ou
    reclamacións que consideren convenientes.
    Unha vez transcorrido o devandito prazo, se non se presentaren reclamacións, a súa aprobación
    converterase en definitiva.