O concello de Carballeda de Avia celebrou a terceira edición da súa festa “Serán entre viñas” este pasado sábado. Esta iniciativa naceu tres anos atrás como xeito de promover e conservar a cultura tradicional a través da pandeireta. Todo os alumnos que durante ano ensaian e practican puideron desfrutar dunha xornada na que amosar todo o aprendido. Tamén favorece o intercambio con outros lugares e outros músicos.
Neste evento houbo moita música tradicional, pinchos e bebidas, e remataron cunha gran foliada, nunha noite que se prestaba para elo. Tanto agrupacións como músicos particulares quixeron desfrutar do día, e tamén moitos veciños animados pola festa.