Ribadavia acollerá a primeira edición do “Aviafest” o 6 de xullo.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O festival de música electrónica traerá a Ribadavia aos Djs Iván Codeso, Saúl Gallego, Rivero e Jose Grande, Guille Beltrán ou Kike Varela que ven de actuar na reciente edición de “O son do Camiño”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia, 26 de xuño de 2024.- Ribadavia será a sede do festival de música electrónica “Aviafest”, que se celebrará o vindeiro 6 de xullo na pista do instituto de Ribadavia. O festival, que inicia a súa andadura neste 2024, está organizado pola asociación “Aviafest” e traerá a Ribadavia a Djs referentes do panorama nacional coma é o caso de Iván Codeso, Saúl Gallego, Rivero e Jose Grande, Guille Beltrán ou Kike Varela que ven de actuar na reciente edición de “O son do Camiño”.

A presentación desta primeira edición do Aviafest, contou coa presenza do alcalde de Ribadavia, César Fernández, e os organizadores do festival, Junior Cortés, Alex Vieitez e Juan Carlos Fernández. Na presentación, os organizadores do festival sinalaron que “o noso único obxectivo é sumar para Ribadavia e facer disfrutar a toda esa xente que se anime, igual que nos disfrutamos coa música. Porque a música é algo que une!”.

O presidente da asociación “Aviafest”, Junior Cortés, sinalou que “dende a organización estamos a facer un importante esforzo económico e loxístico para que o festival sexa un éxito. Agardamos que despois desta primeira edición este festival poida consolidarse e converterse nunha cita anual no concello de Ribadavia.” O prezo das entradas ao festival é de 10 € e poden adquirirse por anticipado na web www.woutick.es ou en taquilla no propio día do evento.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadavia César Fernández, agradeceu aos organizadores o seu esforzo e ofreceu a “total colaboración do concello de Ribadavia para que o festival sexa un éxito e se consolide como cita de referencia no calendario festivo do verán de Ribadavia.”