CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/UNHA AUXILIAR PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, CONCURSO-OPOSICIÓN
Anuncio de selección para a contratación dunha praza do SAF
A Alcaldía, mediante a Resolución do 20 de xuño de 2024, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar a un/unha auxiliar para o servizo de axuda no fogar.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de 9 a 14 horas, durante o prazo de 3 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no Concello e na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal).
Documento asinado electronicamente. O alcalde.
Asdo.: José Luis González Rodríguez.