Dende hai uns días estanse a levar a cabo no Monumento Natural de Pena Corneira os traballos arqueolóxicos para a investigación e posta en valor desta contorna natural, froito dun convenio asinado entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia e o concello de Leiro. A intervención arqueolóxica a exectua a empresa de arqueoloxía Tempos arqueólogos baixo a dirección técnica do arqueólogo Jorge Lamas Bértolo.
Os primeiros resultados das sondaxes arqueolóxicas ofrecen uns datos provisionais dunha longa ocupación deste espazo, que polo menos, se documenta debde a Idade do Cobre (hai máis de 4000 anos) habendo un salto temporal ata a tardoromanidade. No vindeiro mes de agosto se continuará coa a actuación arqueolóxica na zona do Castelo de Pena Corneira.