Alumnado do IES Chamoso Lamas inaugura unha exposición sobre o autor que da nome ao centro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O IES Manuel Chamoso Lamas inaugurou unha exposición sobre a figura do arqueólogo e escritor galego que da nome ao seu centro. Esta mostra, realizada polo alumnado e o departamento de historia en colaboración co Centro de Estudos Chamoso Lamas, complementa outros traballos xa realizados nos últimos dous cursos. Buscar dar a coñecer a súa figura entre o alumnado, cunha mostra que mestura imaxe con contido explicativo.

Está ubicada nos corredores do centro educativo, e dipoñible para a súa visita de 09:00 horas ata as 14:00 horas. O concelleiro de cultura anima a todos a visitar esta mostra, poñendo en valor o traballo feito polos alumnos e destacando a súa participación en proxectos do eido cultural tan enriquecedores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O profesor do departamento que guiou este proxecto explicounos como foi o proceso de elaboración desta mostra. En canto á fotografía, o traballo foi inmersivo, recreando as imaxes que o propio autor fixera anos atrás.