Accidente en Avión con incendio do vehiculo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vehículo ardía con tanta forza que había risco de que as chamas traspasasen ao monte, polo que tiveron que intervir os efectivos do Servizo provincial de Defensa Contra Incendios da Xunta de Galicia

Corrían as 02:15 horas da pasada madrugada cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar de que se saíu da vía co seu vehículo en avión (Ourense) e que este comezara a arder. O accidente ocorreu na OU-03308, á altura do quilómetro 5.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa chamada, esta persoa indicaba que todos os ocupantes estaban ben e fóra do coche. Así, desde o 112 informouse os Bombeiros do Carballiño, os membros do GES de Avión e os axentes de Tráfico, ademais dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.