A Deputación participa nun proxecto europeo para abordar solucións común na prevención de incendios forestais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado de Innovación, Jorge Pumar, representou á institución provincial na presentación desta iniciativa a cargo da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST participan entidades e administracións de España, Francia e Portugal

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024.

A Deputación, representada polo deputado de Innovación, Jorge Pumar, participou esta mañá na presentación do proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de varias comunidades autónomas e dos países do suroeste europeo: España, Francia e Portugal. O obxectivo deste proxecto é abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais que afectan a estes países.

Tal e como explicou o deputado provincial na presentación, “a Deputación de Ourense espera contribuir á loita contra incendios no seu territorio, ameazado por lunes de cada vez maior tamaño, e cuxa gravidade vese incrementada polo envellecemento poboacional e o despoboamento”.  Tamén se puxo de manifesto que a Deputación implantará o establecemento de cortalumes produtivos no Barco de Valdeorras e o testeo da planificación preventiva e intervención rápida na provincia.

O proxecto USE4FOREST aglutina a diversas entidades e administracións de España, Francia e Portugal, co fin de afondarán nunha estratexia para a prevención de incendios no territorio Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais. O proxecto estará vixente ata decembro de 2026 e conta cun investimento total de case tres millóns de euros.

Con respecto ás entidades españolas que participan no proxecto, aparte da Consellería do Medio Rural, están a Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo; a Deputación de Ourense;  a Junta de Castilla y León; a Hazi Fundazioa; a Fundación Tecnalia Research & Innovation e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.