“Os temazos de unha noite de verán”
Un espectáculo único que terá lugar este domingo na Praza maior do Carballiño da man do DJ.Tibu
O incombustible DJ. Tibu, que conta con máis de 30 anos de experiencia ás súas costas, resucitará eses grandes temas musicais que agocha a historia dos últimos 50 anos. Será unha viaxe no tempo para bailar, cantar e recordar. Asemade, tamén queremos destacar que o artista atesoura unha colección de máis de 3.000 discos, pois comezou a súa andaina cando o vinilo era o único formato musical.
Debido á presencia da selección española na final da Eurocopa, o Concello do Carballiño e o artista, decidiron mudar o horario inicial que era ás 20h para pasar a realizar dous pases, un ás 19h e outro ás 23h. Agardando celebrar os grandes éxitos da música cos deportivos.