O Irixo estrea a Festa Gastronómica Camiño de Nós con 150 persoas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de O Irixo segue instaurando tradicións. Neste caso, onte domingo celebraron a primeira edición da Festa gastronómica Camiño de Nós, na Praza Manuel Penedo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Contaron coa actuación musical da Banda de Gaitas de O Irixo e do grupo “Tres Pesos”, e tamén houbo diversión para os máis cativos, con xogos e inchables.

Esta iniciativa nace co obxectivo de promocionar o Camiño a Santiago coñecido por iniciarse da man da Xeración Nós, cando un grupo de escritores galegos tomaron esta ruta, con parada no Irixo para arraxar os seus zapatos e comer. O menú que comeron por aquela época foi recreado onte, composto por ovos duros con prebe, carne ao caldeiro, cachelos, queixo fresco e viño do Ribeiro.

Nesta primeira edición reuníronse 150 persoas, sinal de éxito que motiva á organización a continuar con este evento.