Pazos de Arenteiro recrea un ano máis a vitoria fronte ás tropas de Napoleón

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os veciños de Pazos de Arenteiro, desfrutaron un ano máis, e xa van cinco, de reconverter o seu pobo ao pasado para volver a vencer ás tropas de Napoleón. O sábado comezaron os asaltos, coa morte do cura e do mestre, a antesala ao que chegaría o domingo, cumprindo cunha revancha e vencendo aos franceses.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“1809. A Batalla” tivo lugar na mesma ubicación, nas rúas da vila, para chegar ao enfrontamento final na ponte sobre o río Arenteiro onde, tras as barricadas e logo corpo a corpo, defenderon a súa posición, ata facer retroceder ao inimigo, que sufriu numerosas baixas.

Esta recreación histórica, Ben de Interese Cultural e Conxunto Histórico-Artístico do concello de Boborás, congregou un numeroso público que puido desfrutar de todo o traballo que hai detrás e dun centenar de voluntarios. Ademais desta posta en escena, os visitantes tamén desfrutaron dos costumes, a gastronomía e o modo de vida da época.