Publicado nas redes sociais:
Moi contentos co fantástico día que vivimos hoxe domingo día 14 de xullo de 2024. Organizado por Roteiros de O Carballiño e por Roteiros de Lalín, fixemos a terceira etapa do Camiño a Santiago da Xeración Nós entre O Carballiño e O Irixo de 17 quilómetros.

A xornada partiu de Igrexa da Veracruz, cruzamos o río Arenteiro pola ponte da Veiga, seguimos por Madarnás, Esgueva, a Ínsua dos Poetas e xa no Concello de O Irixo fomos por Coucieiro, a Capela da Pena da Sela, a Igrexa de Dadín e entramos no Irixo por as Laxas e rematamos na Ponte. Cuarenta persoas participamos na actividade que ademais ao remate asistimos á festa gastronómica do Camiño Nós organizada polo Concello de O Irixo, onde degustamos ovos con prebe e carne ó caldeiro que foi o menú que xantaron en 1926 Vicente Risco, Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sanchez e Monxardín na casa do zapateiro no Irixo. Moi agradecidos á xente de O Irixo que nos recibiu e tamén a Alcaldesa pola súa amabilidade. A seguinte etapa será no mes de setembro entre O Irixo e Vilatuxe, no campo da feira de Os Carballiños. Estamos encantados do resultado excelente que estamos obtendo facendo este Camiño a Santiago da Xeración Nós que ten moito que ofrecer.
