O concello de Ribadavia acolleu hoxe a presentación do documental “Abrente, do ermo á rebeldía”. Esta peza audiovisual volve atrás no tempo para contar como se orixinou a Agrupación Cultural Abrente da man dos seus protagonistas. A súa estrea será o día 27, na clausura da Mostra Internacional de Teatro.
O concello liderou esta proposta, considerando que é toda unha honra remover o pasado para coñecer a historia cultural deste pobo. Para o director da MIT, incluír esta presentación na programación da Mostra é toda unha honra. Esta agrupación foi un xerme do que hoxe en día é este evento.