O concello de Piñor oferta unha excursión ao Parque Acuático de Cerceda o 14 de agosto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor informa de que o 14 de agosto terá lugar unha das actividades con máis éxito nas familias con cativos, a excursión ó Parque Acuático de Cerceda.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As prazas serán limitadas e outorgaranse seguindo as bases de inscrición, que poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Piñor, onde figura toda a información referente á organización da propia actividade. O custe das entradas correrán a cargo dos participantes.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 9 de agosto, podendo presentarse as solicitudes tanto pola Sede como de forma presencial nas dependencias municipais. O formulario a cumprimentar está tamén á disposición da cidadanía na Sede Electrónica.

Visitaremos o Parque Acuático de Cerceda o mércores 14 de agosto, con saída ás 10h e volta sobre as 21h, dende o concello.

Para calquera dúbida, pode contactarse con Servizos Sociais.