Moeche, quinta parada do campionato Xunta de Galicia de Slalom

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

19 DE XULLO DE 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom afronta esta fin de semana (20 de xullo) a súa quinta proba puntuable, o Slalom de Moeche.

A cita coruñesa, que afronta a súa novena edición, modificará o percorrido sustancialmente con respecto ao pasado ano, nunha competición que se celebra íntegramente polas rúas da localidade.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta ocasión son máis de 70 os equipos presentes nesta proba, xa asentada no certame e organizada pola Escudería Moeche.

En canto aos horarios, as verificacións técnicas e administrativas comezarán as 07:00 horas. As 09:30 horas da mañá dará comezo a competición coa primeira das mangas de adestramentos para a continuación celebrar a segunda delas, aproximadamente as 11:30 horas.

Logo do parón do mediodía chegará o turno para as mangas oficiais. A primeira delas comezará ás 16:00 horas e a segunda ás 19:00 horas.

A entrega de premios aos gañadores está marcada para as 22:30 horas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------