O Carballiño apostará por potenciar os recursos termais propios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un dos eidos nos que o novo goberno do Carballiño quere profundizar, e tamén unha aposta clara da corporación, é no potencial termal do municipio. Nese sentido, comezarán por manter reunións coa directora do balneario das Caldas de Partovia, para falar de necesidades e de proxectos a futuro nos que poidan colaborar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Outra das loitas é a de poder explotar o Gran Balneario. Aínda que o alcalde, Francisco Fumega, informou xa en numerosas ocasións da vontade de querer adquirilo para ofertar un novo espazo termal na vila, atópanse coa problemática de que sexa propiedade dun particular. Agora manterán novas reunións, tamén coas administracións da Xunta e da Deputación, para conseguir impulsar tamén este tipo de turismo no Carballiño.

No mantemento de zonas verdes, coma son as marxes do río Arenteiro ou o parque municipal, nos vindeiros días comezarán varias brigadas da Deputación de Ourense a proceder ao seu adecuamento, con actuacións de limpeza e desbroce.