O rallymix de Ribadumia retoma o campionato Xunta da modalidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix chega ao seu ecuador coa celebración esta fin de semana (19,20 e 21 de xullo) da terceira edición do Rallymix de Ribadumia.

A proba, que retorna ao calendario galego logo dun ano de parón, terá unha das mellores listas de inscritos de toda a tempada, con máis de 50 carcross na clase A e outros 50 vehículos na clase B.

Alfonso “Pisko” Ventín parte como favorito dentro dos vehículos da clase A aos mandos do seu Yacarcross. Tres victorias noutras tantas probas demostran o ritmo altísimo do piloto de Cotobade, que terá como principais rivais a Sergio Fernández, Antonio Viloria, Abel Jurado, Manuel Rey ou David Souto, unha proba que contará con 14 equipos dentro da Copa MRF.

Entre os participantes da clase B, nomes como Manuel Osorio e Alberto dos Reis, Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, Tino e Jorge Iglesias, Daniel Vázquez e Diego Ponte, Paco Dorado e Andrea Lamas ou Ignacio Barredo e José Antonio Vázquez Barrán, que estrearán en galicia o N5 híbrido.

Ademáis, tamén estarán presentes os participantes das Copas Pirelli e da Copa Iniciación Escuderías, o mesmo que o trofeo de copilotos Memorial Bárbara G. Oubel e o trofeo de traseiras Esteban Pérez “Epi”, nunha lista que chega ata os 103 equipos.

Con respecto ao percorrido. A organización plantexou un tramo de pouco máis de 13 kilómetros que percorrerán, como é habitual, en cinco ocasións.

As verificacións técnicas e administrativas optativas están marcadas para este venres 19 de xullo dende as 19:00 horas. O sábado 20 de xullo pasarán polas verificacións o resto de equipos, para comezar coa primeira das mangas ás 12:00 horas do mediodía. As dúas restantes serán xusto a continuación.

O domingo 21 de xullo, dende as 09:00 horas, turno para as dúas mangas restantes de competición.