Fran Pico, no Citroën AX, foi o vencedor da novena edición do Slalom de Moeche, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Pico obtivo o triunfo gracias ao excelente crono que marcou na segunda manga oficial (2:42.9), que lle serviu para impoñerse ao grande dominador do certame, un Rubén Gandoy que tivo que conformarse co segundo chanzo do podio. A terceira posición foi para Iván Picallo, no Citroën Saxo.
Completaron os cinco primeiros postos da xeral, Manuel Trevín e Alejandro Pena.
Dentro do trofeo feminino, primeiro posto para Mariquiña Chao por diante de Vanessa Pan e Marta Loureiro.
Víctor Méndez foi o mellor entre os veteranos. Antonio Amor e Manuel Ferreira completaron oe tres primeiros postos.
José Luis López impúxose entre os debutantes seguido de Francisco Penabad e Yeray González.
Por último, no trofeo Escudería Moeche, primeiro posto para o gañador, Fran Pico. A continuación situáronse Iván Picallo e José Luis López.