Un accidente máis e xa perdemos a conta. Este é o último dos tres rexistrados nunha semana
Un veciño de Carballiño que circulaba quedou durmido ao volante chocando contra un camión de repartición de mercadorías a supermercados, rebentando co golpe una das súas rodas. O condutor pretendía virar cara á estrada en dirección a Beariz e afirma que quedou durmido.
Saíu polo seu propio pé e foi axudado nun primeiro momento por unha veciña e unha enfermeira prestoulle os primeiros auxilios ata a chegada dunha ambulancia. O señor estivo consciente en todo momento. Ata o lugar do suceso desprazáronse tamén a Garda Civil e os GES de Ribadavia.