A Primeira Federación celebrou o sorteo do calendario para o comezo da próxima tempada 2024-2025. Neste caso, o C.D. Arenteiro coñece xa ao seu primeiro rival, ao que se enfrontará ademais fora da casa. O 25 de agosto abre esta nova etapa contra ao Tarazona. O segundo encontro xa será na casa, recibindo en Espiñedo á Cultural e Deportiva Leonesa. E tamén coñecemos cal será o último encontro, o que pechará todo, o día 25 de maio de 2025, o once carballiñés enfrontarase ao Gimnástic de Tarragona.
O C.D. Arenteiro comezou a pretemporada de preparación o pasado mércores, contando xa cun plantel practicamente cuberto despois dun gran número de baixas. A última incorporación anunciada onte foi a de Diego Gómez, extremo, cedido polo R.C. Deportivo. Este novo equipo prepara a súa engranaxe para afrontar unha competición que será de novo complicada.